Anatomía Aplicada. Proxecto do segundo trimestre

PROXECTO TRIMESTRAL NA MATERIA DE ANATOMÍA APLICADA:

 

Neste trimestre o alumnado de Anatomía Aplicada (1º de bacharelato) preparou unha revistiña científica a través dun proxecto cooperativo no que tamén participou o Equipo de Normalización Lingüística. Na revistiña se expoñen diferentes casos clínicos relacionados co aparello músculo-esquelético. Eles e elas serían logo quen de diagnosticalos e de poñer o/os posibles tratamentos para a súa curación ou recuperación aos casos presentados polos seus compañeiros/as. Traballaron para isto en parellas: un/unha propoñía e outro/a diagnosticaba.

 

Nas aulas traballouse a parte teórica do asunto, mais o alumnado precisou logo dun labor de procura e investigación sobre síntomas, probas e evidencias axeitadas para o diagnóstico final que levou a cabo de forma autónoma. Solicitábase que na argumentación se empregara o método científico.

 

O nome da revistiña, @s Docesáns, é unha chiscadela ao noso instituto. Ademais reflicte o que o alumnado da materia estaba a traballar. Eles e elas serían no noso proxecto sanadores e sanadoras.

 

Deseñouse tamén un logotipo para que o sentimento de traballo en equipo -a pesar das circunstancias por mor da COVID- estivese sempre presente. Imaxinar unhas camisetas e logo facelas realidade contribuíu a crear unha atmosfera axeitada para xerar relacións positivas no grupo, mellorar as relacións sociais e interpersoais e, por suposto, aumentar a autoestima, a motivación e o interese do alumnado. Coas camisetas aparecen os/as protagonistas nas fotos que ilustran a revistiña.

Finalmente a edición da revistiña foi posible grazas á aportación económica que fixo a Biblioteca do Centro.

      Enlace á revistiña

      Enlace ás fotos