HOMENAXE A MARIOLANDA

O día 10 de decembro tivo lugar no Salón de Actos un sinxelo pero emotivo acto de homenaxe á profesora, recentemente falecida, Dona. Mariolanda Mosquera Paans (Dto. Inglés). Destacouse a  súa profesionalidade e calidez humana no exercicio da docencia. Interviron , parte  do alumnado ao que deu clase, os cales  recordaron, cun texto, ás anécdotas e experiencias vividas con ela e o bonito recordo que lles queda. Posteriormente procedeuse á lectura dunha poesía en Inglés e dunhas palabras de lembranza pola Xefa de Dto. de Inglés (Mª Belén Vázquez Mazaira) en representación de todo o profesorado.
Finalmente houbo unha interpretación musical dunha peza clásica (Dto. de Música) e descubriuse unha placa no corredor de acceso ao Salón cunhas fermosas frases en inglés e en galego que quedarán como recordo á súa persoa e ao seu paso polo IES.

 

 

Vídeo da interpretación musical

Poema recitado

Texto do alumnado