CS Programación da produción en fabricación mecánica

Familia: Fabricación mecánica

Sistema educativo: LOE

Grao: Superior

Horas: 2000

Código: SFME01

 

Que se aprende a facer?

Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en mecánica. Encargado/a de instalacións de procesamento de metais. Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais. Encargado/a de montadores. Programador/ora de CNC. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso

Código

Módulo profesional

 

Horas

Períodos

semanais

MP0160

Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe

 

213

8

MP0164

Execución de procesos de fabricación

 

187

7

MP0168

Formación e orientación laboral

 

107

4

MP0007

Interpretación gráfica

 

133

5

MP0162

Programación de sistemas automáticos e fabricación mecánica

 

160

6

MP0166

Verificación de produtos

 

160

6

MP0169

Empresa e iniciativa emprendedora

 

53

3

MP0161

Fabricación asistida por computador (CAM)

 

70

4

MP0170

Formación en centros de traballo

 

384

 

MP0002

Mecanizado por control numérico

 

262

15

MP0163

Programación da produción

 

140

8

MP0167

Proxecto de fabricación de produtos mecánicos

 

26

 

MP0165

Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental

 

105

6

 

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Programación da produción en fabricación mecánica.

  

A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.