CM Estética e beleza

Familia: Imaxe persoal

Sistema educativo: LOE

Grao: Medio

Horas: 2000

Código: MIMP01

 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade en medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxepersoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado, e en xeral en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxepersoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética, maquillador/ora, técnico/a en uñas artificiais, técnico/a en depilación, técnico/a en manicura e pedicura, recepcionista en empresas estéticas, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas, axente comercial en empresas do sector, asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso

Código

Módulo profesional

 

Horas

Períodos semanais

MP0638

Análise estética

 

107

4

MP0641

Cosmética para estética e beleza

 

160

6

MP0636

Estética de mans e pés

 

107

4

MP0644

Formación e orientación laboral

 

107

4

MP0640

Imaxe corporal e hábitos saudables

 

133

5

MP0634

Maquillaxe

 

160

6

MP0633

Técnicas de hixiene facial e corporal

 

186

7

MP0639

Actividades en cabina de estética

 

157

9

MP0635

Depilación mecánica e descoloración da peluxe

 

140

8

MP0645

Empresa e iniciativa emprendedora

 

53

3

MP0646

Formación en centros de traballo

 

410

 

MP0643

Márketing e venda en imaxe persoal

 

70

4

 

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico en Estética e beleza.

 

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.