CS Estética integral e benestar

Familia: Imaxe persoal

Sistema educativo: LOE

Grao: Superior

Horas: 2000

Código: SIMP01

 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar o desenvolvemento dos servizos estéticos, planificar e realizar tratamentos estéticos relacionados coa imaxe e o benestar, e aplicar técnicas estéticas hidrotermais, depilación e implantación de pigmentos, asegurando a calidade, a prevención de riscos laborais e a xestión ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade no sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada,masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como empregados ou xefes de área ou departamento.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Esteticista, director/ora técnico/a en empresas estéticas e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios, técnico/a en tratamentos estéticos integrais, especialista en técnicas hidroestéticas, técnico/a en micropigmentación, técnico/a en depilación mecánica e avanzada, técnico/a en aparellos de estética, especialista en bronceamento mediante radiación ultravioleta, técnico/a en masaxes estéticas, técnico/a en drenaxe linfática estética, traballador/ora cualificado/a en centros de medicina e cirurxía estética, técnico/a comercial, asesor/ora estético/a e cosmético/a, formador/ora técnico/a en estética.

  

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso

Código

Módulo profesional

 

Horas

Períodos semanais

MP0744

Aparellos estéticos

 

133

5

MP0752

Cosmética aplicada aestética e beleza

 

187

7

MP0751

Dermoestética

 

160

6

MP0755

Formación e orientación laboral

 

107

4

MP0747

Maxase estética

 

240

9

MP0750

Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxepersoal

 

133

5

MP0746

Depilación avanzada

 

123

7

MP0748

Drenaxe estética e técnicas por presión

 

87

5

MP0756

Empresa e iniciativa emprendedora

 

53

3

MP0745

Estética hidrotermal

 

123

7

MP0757

Formación en centros de traballo

 

384

 

MP0749

Micropigmentación

 

105

6

MP0754

Proxecto de estética integral e benestar

 

26

 

MP0753

Tratamentos estéticos integrais

 

139

8

 

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Estética integral e benestar.

  

A que outrosestudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farasetendo en conta a nota media do ciclo formativo.