DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M
Dentro das múltiples actividades realizadas para a celebración do "Día Internacional da Muller" elaborouse o video " ISTO XA NON É DE HOMES" onde se visualizan os avances conqueridos nas vocacións de alumnas do IES 12 de Outubro nas familias profesionais de Ciclos Formativos de Grao Superior, onde históricamente estiveron infrarepresentadas. Coa participación na producción e na presentación do alumnado de Bacharelato, reflicte o sentir actual do alumnado neste ámbito. Grazas e parabens a tod@s polo magnífico traballo realizado: VÍDEO
O IES 12 de Outubro súmase a celebración do Día Internacional da Muller, o vindeiro luns 8 de Marzo, iluminando a súa fachada coa cor representativa: