PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN ESO-BACH CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS NO PROCESO DE ADMISÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Xa están á disposición para a súa consulta no taboleiro de anuncios da entrada do IES as listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024-2025 (Publicado 15/05/2024). As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a esta publicación.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS NO PROCESO DE ADMISÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Xa están á disposición para a súa consulta no taboleiro de anuncios da entrada do IES as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024-2025 (Publicado 25/04/2024). Prazo de reclamación ante o Consello escolar: 5 días hábiles contados desde o día seguinte a esta publicación

 

PUBLICACIÓN DAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2024-2025

Acceso ao documento. (Publicado o 27 de febreiro de 2024)

 

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (ligazón á orde):

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (alumnado do CEIP A Ponte que pretenda facer a ESO no IES 12 de Outubro), para os efectos de RESERVA de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP A Ponte) ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.

Unha vez aberto o prazo de solicitudes de ADMISIÓN para o alumnado procedente de centros non adscritos, do 1 ao 20 de marzo, poderase facer a solicitude segundo o indicado no enlace (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) (ou formulario ED550B).

 

RESUMO DOS PRAZOS E DO PROCESO DE ADMISIÓN

1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.(Alumnado de centros NON adscritos)
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas:  15 de maio.
8. Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato: 24 de xuño- 08 de xullo.