OBRADOIRO DE POESÍA CON ALBA CID

Febreiro 2024

 

Grazas o programa de Encontros Literarios do Ministerio de Cultura e a Dirección General del Libro del Cómic y la Lectura, onte (19 de febreiro) contamos coa presenza da Premio Nacional de Poesía, polo poemario Atlas, Alba Cid.
Alba fixo un obradoiro na biblioteca con alumnado de 2º e 3º da Eso no que se traballou sobre imaxe e poesía e sobre o que agochan as fotografías e as faias do poético, buscando mudar a mirada para emocionarnos. Como traballo previo o alumnado do centro traballou nun padlet no que relacionaron imaxe e poesía de xeito libre.  

   

 

 

Abril de 2021

Hoxe (12 de abril de 2021) visitounos Alba Cid, premio nacional de poesía pola súa obra Atlas. A partir da mesma o alumnado do Doce creou un muro de analoxías artísticas (traballo que foi premiado: ver) tal e como Alba recrea no seu poema Cartas de Navegación Polinesias. Transparencias, analoxías e anacronismo absoluto. Unha mesma idea, unha mesma obra, pode ser ó tempo completamente igual, completamente diferente. Porque tal e como nos di Alba en Atlas, non debemos dar nada por sentado.
Nas imaxes Alba nos chanzos do 12 entre Jane Eyre e Persépolis, e nas aulas de 4º da Eso onde falou da súa mirada para mudar a nosa para sempre.