Arquivo de memoria oral sobre o barrio da Ponte

Estamos construíndo un Arquivo de memoria oral sobre o barrio da Ponte a partir do encontro entre o alumnado e veciños relevantes.

Entre 1884 e 1952 o espazo que hoxe ocupa o 12 foi a coñecida como Estación de Canedo. Facemos a nosa pequena homenaxe cun diorama na Biblioteca. As fiestras foron reutilizadas e todavía se conservan ó final da Avenida de Santiago enfrente da  Gasolineira Velasco.

CONVERSAS

No noso intento de vincular diferentes xeracións levamos adiante conversas entre alumnado e veciños relevantes da Ponte.

- A primeira entre alumnado de I Bacharelato e a profesora xubilada Dona Ángeles Castro.

Unha hora de conversa que publicamos na que todos e todas aprendimos e fixemos memoria. Un día inesquecible. Gardámolo para sempre. Vídeo
 

 

- A segunda conversa: o alumnado de 4° da Eso entrevistou a Xosé Manuel Saborido, hostaleiro e por enriba de todo veciño da Ponte. Vídeo

- Entrevista ao escritor Bieito Iglesias. Nado en Ourense en 1957 leva corenta anos morando en Compostela. Exerceu de catedrático de Lingua e Literatura Galega e escribiu libros onde Ourense o noso barrio son protagonistas como a marabillosa Miss Ourense. Documento coa entrevista.

 22 de novembro de 2023

Hoxe dentro do proxecto Ponte Canedo, memoria oral dun barrio, alumnado de I de Bacharelato entrevistou a Pepe García. Exferroviario e veciño da Ponte aportou luz sobre a estación e esta impresionante imaxe da inauguración da Estación de Ponte Canedo, que ocupaba o solar do que é hoxe o noso centro alá polo 1884. Vídeo