Condicións de uso
Condicións xerais de utilización da Bolsa de emprego do IES 12 de Outubro:
1. Presentación da Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro.
A finalidade da Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro é a de proporcionar un lugar de encontro entre usuarios/as, candidatos/as e empresas, nunha contorna on-line. Permítelles ás empresas rexistradas o acceso á base de datos de candidatos/as previamente rexistrados/as, a publicación de ofertas de emprego e a xestión da selección de candidatos/as. Permítelle ao candidato/a a edición e xestión do seu Curriculum Vitae, así como acceder ás Ofertas de emprego publicadas.
Para os efectos desta Bolsa de Emprego, enténdese por candidatos/as, os/as usuarios/as persoas físicas que se atopan estudando ou estudaron anteriormente no IES 12 de Outubro e procuran emprego utilizando os servizos desta Bolsa accedendo para iso ao sitio web do que é titular o IES 12 de Outubro. Así mesmo, enténdese por empresas as persoas físicas ou xurídicas que desenvolven legalmente unha actividade no tráfico mercantil e buscan cubrir os seus postos de traballo con candidatos/as da Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro.
A utilización por parte do/a usuario/a de calquera dos Servizos do portal supón e expresa a súa adhesión e aceptación a todas as Condicións Xerais de uso, así como as Condicións Particulares que, de ser o caso, sexan de aplicación.
O IES 12 de Outubro resérvase o dereito a modificar sen previo aviso as presentes Condicións Xerais de Uso co obxecto de adecualas á lexislación vigente aplicable en cada momento, as novidades xurisprudenciales e as prácticas habituais. Así mesmo resérvase a posibilidade de modificar, sen previo aviso, o deseño, presentación e/ou configuración deste sitio web, así como algúns ou todos os servizos, e engadir servizos novos.Responsabilidades, obrigacións e prohibicións
2. Responsabilidade do IES 12 de Outubro
O IES 12 de Outubro non se responsabiliza dos produtos ou servizos prestados ou ofertados por candidatos/as, empresas ou terceiros por medio dos seus servizos, tampouco por contido, información, comunicación, opinión ou manifestación de calquera tipo que teña o/a candidato/a, empresa ou terceiros e que comuniquen, transmitan ou exhiban a través dos nosos servizos.
Servizos que lle presta ao candidato/a:
- Inscrición do/a candidato/a de forma gratuíta na bolsa de emprego a través do proceso de alta de candidatos/as.
- Servizos e ferramentas para a xestión da procura de emprego a través da plataforma.
- Servizo de alertas de emprego se o/a candidato/a selecciona previamente as áreas do seu interese.
Dereitos e obrigacións das partes
Tanto candidatos/as como empresas usuarias da Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro comprométense a facer un uso lícito e dilixente do sitio web e dos servizos accesibles desde o mesmo, con total suxección á normativa vigente, aos bos costumes e ás presentes condicións legais e, de ser o caso, condicións particulares.
Tanto candidatos/as como empresas usuarias deben seleccionar o identificador (IDE ou login) e o contrasinal comprometéndose a conservalo e a usalo coa dilixencia debida. O uso do contrasinal é persoal e intransferible, non estando permitida a cesión, nin sequera temporal, a terceiros.
Toda a información que faciliten os/as usuarios/as da Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro a través dos servizos deberá ser veraz e exacta. Para estes efectos, garanten a autenticidade de todos os datos que comuniquen. Será a súa responsabilidade manter toda a información facilitada actualizada de forma que responda, en cada momento, á situación real. Tanto candidatos/as como empresas usuarias obríganse a respectar as leis aplicables e os dereitos de terceiros ao utilizaren os contidos e servizos do sitio web. Tampouco se poderá difundir, reproducir ou comunicar publicamente contidos do sitio web, de usuarios/as ou terceiros, sen a autorización previa do titular dos dereitos.
Absteranse de toda acción para prexudicar a funcionalidade da infraestrutura, de utilizar os materiais e informacións contidos con fins ilícitos e expresamente prohibidos nas presentes condicións, e de ser o caso en condicións particulares, que resulten contrarios aos dereitos e intereses do IES 12 de Outubro, os seus membros e/ou terceiros, e/ou que, de calquera modo, danen, inutilicen, sobrecarguen, deterioren ou impidan a normal utilización dos materiais e informacións contidos no sitio web, os sistemas de información ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático do IES 12 de Outubro, do persoal que presta os seus servizos no mesmo ou dun terceiro.
Está prohibido facilitar contidos:
_Que sexan presuntamente ilícitos pola normativa nacional, comunitaria ou internacional ou que realicen actividades presuntamente ilícitas ou contraveñan os principios da boa fe.
- Que atenten contra os dereitos fundamentais das persoas, falten á cortesía na rede, molesten ou poidan xerar opinións negativas en usuarios ou terceiros e non apropiados.
- Que contraveñan os principios de legalidade, honradez, responsabilidade, protección da dignidade humana, dos menores, da orde pública, da vida privada, do consumidor e dos dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Así mesmo, o IES 12 de Outubro resérvase a potestade de retirar, sen previo aviso do sitio web aqueles contidos que se consideren ilícitos e/ou non apropiados ás características e finalidades da bolsa.
Cando o/a usuario/a, candidato/a ou empresa, decide rexistrarse na Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro solicitaranse os datos estritamente necesarios para a consecución dos fins e finalidades aos que está destinado o sitio Web. Deberase completar un formulario inicial para facilitar datos de carácter persoal. Estes datos son os adecuados e pertinentes en relación ao ámbito, ás finalidades e servizos determinados, explícitos e lexítimos da Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro.
A finalidade da recolleita e tratamento dos datos persoais son a Xestión das ofertas, Inserción de ofertas de emprego na bolsa de emprego, Recepción dos CV inscritos nas ofertas realizadas, Xestión do proceso de selección, e Servizo de comunicacións electrónicas.
Non se permite a publicación de ofertas de emprego de carácter piramidal.
3. Privacidade e Protección de Datos dos Candidatos.
De acordo co establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamos de que os seus Datos Persoais incluídos na nosa Base de Datos, e que nos foron facilitados no seu momento, forman parte dun arquivo responsabilidade de IES 12 de Outubro, e que se encontra rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos.
Estes Datos Persoais soamente serán utilizados para realizar unha Correcta Xestión dos Servizos do portal de Bolsa de Emprego do IES 12 de Outubro.
De o desexaren, poderán exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, de ser o caso, o de oposición, dirixíndose por escrito a IES 12 de Outubro, no enderezo: Avenida de Santiago 2 32001 - OURENSE
Información sobre cookies
As cookies son pequenos arquivos de texto xerados polas páxinas web que se visitan, con datos de sesión que poden ser de utilidade máis adiante na páxina web. Os datos permiten que a páxina web poida manter a súa información entre as páxinas, e tamén para analizar a forma de interactuar co sitio.
Poden ser utilizadas: Cookies de sesión (cookis temporais que permanecen no arquivo de cookies do navegador ata que se abandona a páxina web, polo que ningunha queda rexistrada no disco duro do/a usuario/a), cookies permanentes (almacenadas no disco duro e a páxina web leas cada vez que se realiza unha nova visita). Malia o seu nome, unha web permanente posúe unha data de expiración determinada. A cookie deixará de funcionar logo desa data. Outras cookies posibles serían as de terceiros (como as usadas por redes sociais, ou por complementos externos de contido) ou as analíticas (con propósitos de mantemento periódico e, polo ben de garantir o mellor servizo posible ao/á usuario/a, para recompilar datos estatísticos da actividade).
Medidas de seguridade
Ponse en coñecemento que se adoptaron as medidas de índole técnica e organizativas regulamentariamente establecidas, que garanten a seguridade dos datos de carácter persoal e evitan a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que estean expostos, todo iso de conformidade co establecido no Real Decreto 1720/2007 e a Lei Orgánica 15/1999.
4. Comunicacións:
A aceptación das Condicións Xerais e Política de Protección de Datos da Bolsa de Emprego, implica a túa autorización expresa a favor do IES 12 de Outubro para o envío das comunicacións electrónicas relacionadas co sector da formación e o emprego ao domicilio, teléfono móbil e/ou enderezo de correo electrónico. A dita autorización comprende o envío de información sobre as actividades e servizos como: Alertas de emprego.
Non obstante o anterior, o/a candidato/a pode excluírse deste servizo seguindo as instrucións que se indican no pé do corpo dos correos electrónicos ou enviando directamente un email, indicando no asunto "Baixa comunicacións electrónicas".
5. Consentimento do/a Candidato/a para o tratamento e cesión dos datos persoais.
Ao reencher o formulario e facer clic para enviar os datos, o/a Candidato/a manifesta ler e aceptar expresamente a presente Política de Protección de Datos e outorga o seu consentimento inequívoco e expreso ao tratamento dos seus datos persoais conforme ás finalidades informadas e servizos que presta a Bolsa de Emprego de IES 12 de Outubro así como a cesión dos seus datos persoais a empresas usuarias e/ou terceiros para o cumprimento do servizo.
Igualmente, os/as usuarios/as, candidatos/as e empresas, autorizan expresamente ao IES 12 de Outubro a acceder aos seus datos persoais e curriculares para os efectos de poder informalos/as de ofertas de traballo concretas e idóneas ao seu perfil profesional.
6. Dereito de acceso, rectificación, oposición, cancelación e revogación do consentimento outorgado e veracidade e actualización dos datos.
O/a candidato/a e a empresa poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como a darse de baixa dos servizos da Bolsa de Emprego. Igualmente, pódese, en calquera momento, revogar o consentimento outorgado para o tratamento dos seus datos, sen que poidan atribuírse a esta revogación efectos retroactivos.
O exercicio dos seus dereitos, así como calquera disposición sobre os seus datos de carácter persoal poderá realizarse polo seu titular, en forma inequívoca e fidedigna
CLÁUSULA XURÍDICA INFORMACIÓN
Para os efectos do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal informamos ao interesado de que os seus datos persoais van ser incorporados a un arquivo do que é responsable IES 12 de Outubro coa finalidade de xestionar a súa solicitude de información, así como de mantelo informado dos servizos do IES 12 de Outubro (cursos, charlas e seminarios, principalmente), que puidesen ser do seu interese. O/a interesado/a autoriza o envío de comunicacións relacionadas coas finalidades anteriores por medios convencionais e/ou electrónicos (incluído correo electrónico e teléfono móbil); no entanto, se non desexa recibir comunicacións indicarao neste sentido.
No entanto, recordámoslle que dispón dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos que poderá exercer como se indicou anteriormente.