Presentación

A biblioteca do noso IES leva o nome dun gran poeta e ensaísta ourensán Jose Ángel Valente. A súa carreira lírica empeza como integrante da  Xeración dos 50.  Na década dos 60 a súa poesía evoluciona a unha corrente denominada  Poesía do silencio. Trátase dunha corrente profundamente  mística  que incorpora tradicións culturais e  filosóficas  de diversas procedencias, o que dá lugar a textos cada vez máis complexos. Partindo sempre de realidades inmediatas ou experiencias interiores, consegue unha fondura  existencial  a través do místico, do elevado, mais sen caer en  dogmas  relixiosos  nin asumindo explicitamente a existencia de ningunha deidade. A súas palabras cargadas de suxestións e posibilidades comunicativas son unha metáfora da filosofía do noso centro.

 

A nosa biblioteca é un lugar de encontro , vivo, dinámico, aberto á comunidade. Levar adiante o traballo dinamizador é grazas ó empeño persoal e colaboración de moita xente: alumnos, profesores, pais, que  non traballan día a día na Biblioteca pero que fan da mesma un lugar mellor.

 

Contamos cun espazo de 85 metros cadrados composto por sesenta e nove andeis de 2 m. x 40 cm. e catro andeis de 50 cm. x 60 cm. Para traballar a lectura, o xogo  e a investigación temos oito mesas con seis cadeiras cada unha, e dúas mesas para a xestión con ordenador e impresora. En canto o material informático contamos con seis ordenadores que permiten facer traballos de investigación de aula, formación de usuarios e tratamento da información na biblioteca.  Salientar un expositor lixeiro para revistas e prensa e varias butacas para lectura informal.  Os andeis cun fondo de 30 cm. están dedicados a formatos de DVD ou CD. A biblioteca centro de recepción e encontro tamén é un lugar de proxeccións de películas, curtas e diferentes presentacións profesionais,  grazas o canón e a pantalla que posuímos.

 

Protocolo do uso (por COVID-19) da Biblioteca José Ángel Valente IES 12 de Outubro......enlace