CÁMBIACHE O CONTO

PROXECTO TRIMESTRAL EN ANATOMÍA APLICADA: plan de igualdade no 12

CÁMBIACHE O CONTO

Os personaxes dos contos tradicionais levan unha carga de valores e actitudes moi estereotipados. Isto é, presentan unha imaxe ou idea aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter inmutable.

Nestes estereotipos as nenas saen a maioría das veces mal paradas, aparecen como medorentas, traballadoras, boas, obedientes, cariñosas, delicadas e teñen como premio ao heroe ou príncipe.

Os contos sinalan comportamentos de patriarcado, outorgando lugar de superioridade e poder cara ao home e submisión e ignorancia á muller.

Falamos así de rumbos inconscientes como crenzas ou estereotipos que se atopan no noso subconsciente sobre un determinado factor que pode ser o sexo, o xénero ou a etnia, entre outros moitos e que afectan directamente a toma de decisións.

O alumnado de anatomía aplicada facendo uso da expresión corporal e verbal como forma de comunicación humana e aproveitando tamén o traballado sobre Freud e discípulos, isto é a psicanálise e o subconsciente na materia de filosofía, queren facernos reflexionar dándolle unha volta aos contos tradicionais.

    Enlace ao vídeo