CORREDOR VERDE DE INSECTOS

Outro curso máis colaborando con Sustinea no proxecto “Corredor verde de insectos” co noso alumnado de 1ºESO. O obxectivo do mesmo é a creación de espazos verdes que crucen a cidade coas estacións de pole, grazas ás flores que son ricas en néctar.

Con esta estrutura preténdese axudar aos insectos polinizadores, como as abellas ou as bolboretas, que son chave na conservación da biodiversidade.

O noso alumnado converterase á súa vez, en fonte de información levando a mensaxe ás familias e, en definitiva, á sociedade. “A biodiversidade é a responsable de garantir o equilibrio dos ecosistemas, que a especie humana depende dela para sobrevivir e que a perda das diferentes especies está considerada a maior problemática ambiental para a conservación do planeta”

              Galería de imaxes