FPB Skills, Spain Skills e Galicia Skills

FPB SKILLS 2022

 O alumno Andrés dos Santos Moreno do 1º curso da FP Básica de Peiteado e Estética está a participar desde o 02 de Xuño  no Campionato de Galicia FP BásicaSkills 2022 que se celebra no IES Montecelo de Pontevedra, representando ao IES 12 de Outubro . Está titorizado pola profesora Dna. María Trinidad García Vázquez.

Logo dunha intensa preparación durante os últimos días chegou o momento de competir e de por en práctica todo o aprendido. Desexámoslle que teñan sorte e se divirtan competindo xunto co resto de representantes de centros de Galicia.

Independentemente do resultado que acaden, o centro está igualmente orgulloso da súa participación, do esforzo realizado na preparación e de que leven o nome  deste centro na competición. Sorte e parabens a ambos!!

A FP Básica como "unha aposta pola equidade e pola igualdade de oportunidades": enlace

 

3 de maio: Andrés dos Santos Moreno  acadou o 3º posto no evento. Parabéns!!

 

 

SPAIN SKILLS 2022

A alumna Elidianik Almanza Quesada do 2º curso do CM de Estética e Beleza participará desde o 22 ata o 25 de marzo no Campionato de España de FP SpainSkills que se celebrará en Madrid, representando ao IES 12 de Outubro e á Comunidade autónoma de Galicia. Está titorizada polo profesor D. Diego Negro Taboada.

Logo dunha longa e intensa preparación durante os últimos meses chegou o momento de competir e de por en práctica todo o aprendido. Desexámoslle que teñan sorte e se divirtan competindo xunto co resto de comunidades autónomas.

Independentemente do resultado que acaden, o centro está igualmente orgulloso da súa participación, do esforzo realizado na preparación e de que leven o nome de Galicia e deste centro á capital de España. Sorte e parabens a ambos!!

Mais información Spain Skills:  pincha aquí

Compoñentes da Delegación de Galicia: pincha aquí

Noticia no Faro de Vigo 

Noticia de Moncloa

Noticia na Voz de Galicia

 

 

 

 

GALICIA SKILLS 2021  (vídeo promocional)

A alumna Mayte Blanco Fernández do 2º curso do CM de Peiteado e cosmética capilar participou o venres 08 de outubro no 6º Campionato galego de FP, representando ao IES 12 de Outubro, que se celebrou no IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela). Estivo titorizada pola profesora Rosa Ana Murias Fernández.
Logo dunha excelente actuación e unhos resultados moi reñidos finalmente non acadou medalla, pero disfrutou dunha excelente experiencia que con seguridade contribuirá a que sexa unha grande profesional. O centro está igulmente orgullloso da súa participación e do bó traballo realizado. Parabens a ambas!!
Mais información: pincha aquí