MATRÍCULA SEGUNDOS CURSOS CICLOS FORMATIVOS 2026-2027
Por razóns organizativas as datas para a realización da matrícula do alumnado de segundos (2º) cursos de Ciclos Formativos para o vindeiro curso 26-27 será:
- Para o alumnado, matriculado no curso 25-26 en 2º curso e que teña que volver a cursar algún módulo de 2º curso no 26-27:
Do 16 de xuño ao 22 de xuño, excepcionalmente e con xustificación recollerase os impresos de matrícula ata o día 30 de xuño as 12:00.
- Para o alumnado de 1º curso que promocione a 2º curso:
Do 23 de xuño ao 29 de xuño, excepcionalmente e con xustificación recollerase os impresos de matrícula ata o día 30 de xuño as 12:00.
Xunto coa entrega de notas entregarase o impreso a cubrir (ou traerase xa cuberto) previa descarga dos enlaces dispoñibles abaixo. Entregarase na fiestra de Administración toda a documentación indicada.
Débese traer cuberto :
- Impresos de admisión e matrícula (descargar e cubrir ambos)
- Autorización para o tratamento de imaxes (descarga impreso)
- Impreso de autorización para saír fóra do recinto escolar no recreo (so menores de 18 e maiores de 16 anos) (descarga impreso)
- Inscrición ANPA (voluntario) (descarga impreso)
- Unha (1) foto recente
- 1,20€ de seguro escolar (só menores de 28 anos)
Rematado o prazo de matrícula PERDERASE O DEREITO Á PRAZA salvo que seguisen existindo prazas vacantes.




