CM Instalacións eléctricas e automáticas
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MELE01
Que se aprende a facer?
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.
Cales son os módulos deste ciclo?
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
1º |
MP0232 |
Automatismos industriais |
213 |
8 |
|
1º |
MP0233 |
Electrónica |
107 |
4 |
|
1º |
MP0234 |
Electrotecnia |
213 |
8 |
|
1º |
MP0241 |
Formación e orientación laboral |
107 |
4 |
|
1º |
MP0235 |
Instalacións eléctricas interiores |
320 |
12 |
|
2º |
MP0242 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
|
2º |
MP0243 |
Formación en centros de traballo |
410 |
||
2º |
MP0237 |
Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios |
123 |
7 |
|
2º |
MP0236 |
Instalacións de distribución |
155 |
9 |
|
2º |
MP0238 |
Instalacións domóticas |
123 |
7 |
|
2º |
MP0239 |
Instalacións solares fotovoltaicas |
53 |
3 |
|
2º |
MP0240 |
Máquinas eléctricas |
123 |
7 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico en Instalacións eléctricas e automáticas.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.