CS Sistemas electrotécnicos e automatizados
Familia: Electricidade e electrónica "Información sobre Admisión e Matrícula"
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: SELE01
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver proxectos e en xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento de instalacións electrotécnicas no ámbito do regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT). Tamén consiste en supervisar o mantemento de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, a partir da documentación técnica, especificacións, normativa e procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade, e a conservación ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, á xestión e á supervisión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, á instalación de sistemas domóticos e inmóticos, a infraestruturas de telecomunicación en edificios, a redes eléctricas de baixa e a sistemas automatizados, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en proxectos electrotécnicos; proxectista electrotécnico/a; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios; proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais; proxectista de instalacións de iluminación exterior; proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e centros de transformación; proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios; coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os edificios; técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas e automatizadas; técnico/a supervisor/ora de instalacións de iluminación exterior; capataz de obras en instalacións electrotécnicas; xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios; coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior; técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación exterior; xestor/ora do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.
Cales son os módulos deste ciclo?
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
1º |
MP0527 |
Formación e orientación laboral |
107 |
4 |
|
1º |
MP0517 |
Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións |
187 |
7 |
|
1º |
MP0520 |
Sistemas e circuítos eléctricos |
213 |
8 |
|
1º |
MP0521 |
Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas |
213 |
8 |
|
1º |
MP0518 |
Técnicas e procesos en instalacións eléctricas |
240 |
9 |
|
2º |
MP0523 |
Configuración de instalacións domóticas e automáticas |
140 |
8 |
|
2º |
MP0524 |
Configuración de instalacións eléctricas |
140 |
8 |
|
2º |
MP0522 |
Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación |
122 |
7 |
|
2º |
MP0519 |
Documentación técnica en instalacións eléctricas |
105 |
6 |
|
2º |
MP0528 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
|
2º |
MP0529 |
Formación en centros de traballo |
384 |
||
2º |
MP0526 |
Proxecto de sistemas electrotécnicos e automatizados |
26 |
||
2º |
MP0602 |
Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas |
70 |
4 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico superior en Sistemas electrotécnicos e automatizados.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
"Información sobre Admisión e Matrícula"