CM Mecanizado
Familia: Fabricación mecánica "Información sobre Admisión e Matrícula"
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MFME01
Que se aprende a facer?
Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados. Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a.
Cales son os módulos deste ciclo?
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
1º |
MP0004 |
Fabricación por arranque de labra |
400 |
15 |
|
1º |
MP0008 |
Formación e orientación laboral |
107 |
4 |
|
1º |
MP0007 |
Interpretación gráfica |
133 |
5 |
|
1º |
MP0001 |
Procesos de mecanizado |
160 |
6 |
|
1º |
MP0005 |
Sistemas automatizados |
160 |
6 |
|
2º |
MP0009 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
|
2º |
MP0003 |
Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais |
140 |
8 |
|
2º |
MP0010 |
Formación en centros de traballo |
410 |
||
2º |
MP0002 |
Mecanizado por control numérico |
314 |
18 |
|
2º |
MP0006 |
Metroloxía e ensaios |
123 |
7 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico en Mecanizado.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.
"Información sobre Admisión e Matrícula"