FP Dual CM Mantemento Electromecánico

FP DUAL na empresa  AMG Metal Mecánica Gallega

 

Familia: Instalación e Mantemento

Sistema educativo: LOE

Grao: Medio + 5 Módulos do CS Programación da Produción en Fabricación Mecánica

Horas: 2000 CM+ 608  CS Programación da Produción en Fabricación Mecánica

Código: MIMA03

 

Que se aprende a facer?

Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.

 

 En que ámbitos se traballa?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

  

Que ocupacións se desempeñan?

Mecánico/a de mantemento; montador/ora industrial; montador/ora de equipamentos eléctricos; montador/ora de equipamentos electrónicos; mantedor/ora de liña automatizada; montador/ora de bens de equipamento; montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos; instalador/ora electricista industrial; electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.

  

Cales son os módulos deste ciclo? 

Curso

Código

Módulo profesional

 

Horas

 

Períodos semanais

(Setembro a Marzo)

MP0952

Automatismos pneumáticos e hidráulicos

 

240

  

8

MP0951

Electricidade e automatismos eléctricos

 

240

 

9

MP0956

Formación e orientación laboral  

 

107

 

6

MP0949

Técnicas de fabricación

 

240

 

8

MP0950

Técnicas de unión e montaxe

 

133

 

5

MP0957

Empresa e iniciativa emprendedora

 

53

 

3

MP0955

Montaxe e mantemento de liñas automatizadas

 

175

 

6

MP0958

Formación en centros de traballo

 

410

   

MP0954

Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico

 

192

  7

MP0953

Montaxe e mantemento mecánico

 

210

  8

MP0953

Mecanizado por Control Numérico (CNC)

 

314

  12

MP0161

Fabricación Asistida por Computador (CAM)

 

70

 

3

MP0166

Verificación de producto

 

160

 

6

MP0163

Programación da producción

 

140

 

6

MP0165

Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental

 

105

 

4

MP0007

Interpretación Gráfica

 

133

 

5

 

 Que título ou acreditación se obtén?

 Título de Técnico en Mecanizado+ Curso de especialización en Programación da Produción en Fabricación Mecánica

 

 A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior tendo xa superados por validación os módulos correspondentes ao curso de especialización en Programación da Produción en Fabricación Mecánica (Ciclo Superior)

Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.