FPB - Peiteado e estética
Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: Profesional básico
Horas: 2000
Código: BIMP01
Que se aprende a facer?
A competencia xeraldeste título consiste en aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoasmaiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación.
Cales son os módulos deste ciclo?
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
1º |
MP3065 |
Cambio de cor do cabelo |
150 |
5 |
|
1º |
AM3009 |
Ciencias aplicadas I |
175 |
5 |
|
1º |
AM3011 |
Comunicación e sociedade I |
206 |
6 |
|
1º |
MP3062 |
Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua |
117 |
4 |
|
1º |
MP3159 |
Itinerario persoal para empregabilidade básico |
2 |
||
1º |
MP3064 |
Lavado e cambios de forma do cabelo |
175 |
6 |
|
1º |
MP3060 |
Preparación do contorno profesional |
87 |
3 |
|
2º |
MP3005 |
Atención á clientela |
58 |
3 |
|
2º |
MP3042 |
Ciencias aplicadas II |
162 |
7 |
|
2º |
MP3061 |
Coidados estéticos básico de uñas |
135 |
6 |
|
2º |
MP0757 |
Formación en centros de traballo |
320 |
||
2º |
MP0749 |
Maquillaxe |
218 |
9 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título Profesional básico en Peiteado e estética.
A que outrosestudos se pode acceder?
Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias