OBRADOIRO DE POESÍA CON ALBA CID

     Hoxe visitounos Alba Cid, premio nacional de poesía pola súa obra Atlas. A partir da mesma o alumnado do Doce creou un muro de analoxías artísticas tal e como Alba recrea no seu poema Cartas de Navegación Polinesias. Transparencias, analoxías e anacronismo absoluto. Unha mesma idea, unha mesma obra, pode ser ó tempo completamente igual, completamente diferente. Porque tal e como nos di Alba en Atlas, non debemos dar nada por sentado.
Nas imaxes Alba nos chanzos do 12 entre Jane Eyre e Persépolis, e nas aulas de 4º da Eso onde falou da súa mirada para mudar a nosa para sempre.