HABITO TERRA de Vicente Mohedano
Este xoves 29 de abril, puidemos participar con Vicente Mohedano do discurshow “HABITO TERRA”. Un curioso formato co que comunicar a ciencia, mestura de charla, teatro e divertimento, pero por suposto sen esquecer o rigor… Vicente convidounos a reflexionar sobre os nosos hábitos, para chegar a entender que o noso comportamento colectivo no día a día ten impacto real sobre a vida no planeta. Deixando no alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, unha reflexión acerca do actual modelo de consumo, insostible a todas luces a medio prazo.
GRAZAS A VICENTE POLA SÚA XENEROSIDADE e por traernos un pouco de cordura nestes tempos convulsos. INCRÍBLE O ESPECTÁCULO QUE OFRECEU HOXE NO 12.
Teaser do #discurshow HABITO TERRA




