Historia do IES

O "12 de outubro" foi inaugurado no ano 1953 co nome de "Taller Escuela Sindical de Formación Profesional 12 de Octubre". Este nome fai referencia a festividade que recorda os acontecementos históricos do descubrimento de América no ano 1492 e coincide coa data da inauguración oficial: o 12 de outubro de 1953. Foi, polo tanto, un centro pioneiro na formación profesional en toda a provincia ourensá, cando so existía o actual "Otero Pedrayo" no ensino secundario.

   

Atópase situado no cerne do barrio de "A Ponte", ocupando o solar da antiga estación ferroviaria antes de terse trasladado ao lugar que ocupa na actualidade. Este Centro sempre estivo adicado ás ensinanzas de formación profesional, ata o ano 1992 no que se implantou a LOXSE, momento no que se incorporaron estudos de ESO e Bacharelato, primeiro como experiencia piloto e posteriormente de forma definitiva.

  

Na actualidade os estudos de ESO e Bacharelato comparten espacio e aprendizaxe cos Ciclos de grao medio e superior de Electricidade, Fabricación mecánica e Imaxe persoal.