CM Peiteado e cosmética capilar
Familia: Imaxepersoal "Información sobre Admisión e Matrícula"
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MIMP02
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar o coidado e o embelecemento do cabelo, a estética de mans e pés e o estilismo masculino, así como comercializar servizos e venda de cosméticos, cumprindo os protocolos de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súaactividade en empresasimaxepersoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolve tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento,calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Que ocupacións se desempeñan?
Peiteador/ora, barbeiro/a, técnico/a en coloracións capilares, técnico/a en cambios de forma do cabelo, técnico/a en corte de cabelo, técnico/a en postizaría, técnico/a en manicura, técnico/a en pedicura, técnico/a ou axente comercial de empresas do sector, recepcionista en empresas de peiteado, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.
Cales son os módulos deste ciclo?
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
1º |
MP0849 |
Análise capilar |
107 |
4 |
|
1º |
MP0844 |
Cosmética para peiteado |
160 |
6 |
|
1º |
MP0636 |
Estética de mans e pés |
107 |
4 |
|
1º |
MP0851 |
Formación e orientación laboral |
107 |
4 |
|
1º |
MP0640 |
Imaxe corporal e hábitos saudables |
133 |
5 |
|
1º |
MP0848 |
Peiteado e estilismo masculino |
80 |
3 |
|
1º |
MP0842 |
Peiteados e recollidos |
266 |
10 |
|
2º |
MP0846 |
Cambios de forma permanente do cabelo |
87 |
5 |
|
2º |
MP0843 |
Coloración capilar |
210 |
12 |
|
2º |
MP0852 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
|
2º |
MP0853 |
Formación en centros de traballo |
410 |
||
2º |
MP0643 |
Márketing e venda en imaxepersoal |
70 |
4 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico en Peiteado e cosmética capilar.
A que outrosestudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelatoelixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.