Curso de especialización
Curso de especialización: Fabricación aditiva
Familia: Fabricación mecánica "Información sobre Admisión e Matrícula"
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 600
Código: SFME50
Que se aprende a facer?
Desenvolver e xestionar proxectos de fabricación aditiva mediante o uso de impresión 3D, supervisar ou executar a montaxe, mantemento e posta en marcha dos devanditos proxectos, así como tomar decisións de implementación no desenvolvemento de produtos de empresa (auxiliares ou finalistas) respectando criterios de calidade, deseño, seguridade e respecto ao medio ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Pequenas, medianas e grandes empresas, tanto públicas como privadas, principalmente nos ámbitos da investigación, desenvolvemento de produtos, produción industrial, mantemento industrial e servizos.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto en sistemas de fabricación aditiva, experto en impresión 3D, experto en deseño de produto para impresión 3D, deseñador 3D por escaneado, experto en prototipado rápido.
Cales son os módulos deste ciclo?
Curso |
Código |
Módulo profesional |
Horas |
Períodos semanais |
|
1º |
MP5066 |
Deseño de estruturas alixeiradas e optimización topolóxica en fabricación |
82 |
||
1º |
MP5068 |
Escaneado e reparación de mallas 3D |
63 |
||
1º |
MP5070 |
Manexo, reparación e custos da fabricación aditiva |
100 |
||
1º |
MP5067 |
Modelaxe, laminado e impresión 3D |
200 |
||
1º |
MP5069 |
Post procesado |
73 |
||
1º |
MP5065 |
Tecnoloxías de fabricación aditiva |
82 |
Que título ou acreditación se obtén?
Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Fabricación aditiva.