PLAN DE IGUALDADE
Vídeo sobre a visibilización da muller emprendedora do barrio da Ponte: vídeo
CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O TEA
Convidámosvos a visualizar o vídeo sobre a Campaña de Concienciación sobre o TEA (Trastorno do Espectro Autista) realizado polo alumnado do IES 12 de Outubro. Enlace.
ENQUISA Alumnado Febreiro 2023: acceso
O IES 12 de Outubro pon en marcha o Plan de Igualdade 2021-2022 co fin de lograr unha igualdade entre xéneros real e efectiva, creando un ambiente baseado no respecto ás diferenzas persoais (ben sexan por xénero, raza, ideoloxía, capacidade…), equidade e tolerancia.
Para desenvolveren todo isto, as alumnas e alumnos deste centro expresan a través de actividades de diversa índole o seu compromiso coa empatía, a inclusión e o respecto mútuos, entre outros, contribuíndo deste xeito á mellora do clima escolar.
A continuación presentamos diversos vídeos nos que se lle outorga o valor propio ás figuras femininas que durante séculos foron agochadas e infravaloradas nunha sociedade exclusivamente masculinizada.
Esperamos que vos guste e que como familias queirades continuar nesta liña nos vosos fogares xa que son valores humanos que complementan as aptitudes académicas dos nosos fillos e fillas, preparándoos para abordaren futuros desafíos vitais, como a resolución pacífica de conflitos, xestión emocional ou traballo en equipo.
Traballo do alumnado de 1º ESO en matemáticas sobre a figura de Mª Josefa Wonenburger Planells Documento
PROXECTO TRIMESTRAL EN ANATOMÍA APLICADA: CÁMBIACHE O CONTO: Artículo
Traballo do alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía: Heroínas
Vídeos:
ACTIVIDADE
"O venres día 4 de febreiro tivemos unha dinámica e participativa charla sobre o trastorno de espectro autista por parte da asociacion T.E.A. Sensibilización e sensibilidade ante a diversa realidade do espectro autista, dous dos conceptos tratados co alumnado do IES 12 de Outubro para acadar un repecto máximo nas aulas"
Acto final (21 de xuño): ver