Heroínas (4º ESO)
PROXECTO TRIMESTRAL NA MATERIA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
Quixemos dedicar unha parte do proxecto trimestral a homenaxear aquelas mulleres as que a historia non tratou como correspondía a súa valía. Medrar escoitando que as mulleres ocupan un papel secundario ou que son incapaces de lograr retos inimaxinables, condiciona o mundo en que vivimos. Polo tanto, faise necesario dar vida a todas aquelas historias invisibilizadas, ás das mulleres que loitaron a contraxeito e lograron metas que se lles vetaron ou obstaculizaron polo seu xénero. É preciso rescatar algunhas desas heroínas.




