25N 2021
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O día 25 de novembro, celebramos cun acto multitudinario, onde participou todo o alumnado do centro, o día internacional de eliminación da violencia contra as mulleres.
Durante o acto mostráronse pancartas elaboradas polo alumnado da ESO con slogans contra a violencia machista, desplegouse unha pancarta xigante, léronse textos do traballo “As nosas heroínas” e interpretouse música en directo acompañando a un grupo de ximnastas realizando unha danza.
Despois da lectura do manifesto acolleuse no patio o desfile das alumnas de estética e imaxe persoal, con cartelería reivindicativa da loita contra o machismo.
Estes actos enmárcanse dentro do Plan de Igualdade que se está implementando no noso centro, aportando á formación do noso alumnado valores de igualdade, xustiza, rexeitamento da violencia machista e o recoñecemento e respecto á diversidade social e de xénero.




