25N

Conmemoración do 25N 2023

Celebración do 25N 2022

Cadea humana "Pontes de Igualdade" formada polo alumnado e profesorado do IES 12 de Outubro, o CEIP de Prácticas e o IES Blanco Amor.

Teatro

Galería de fotos: acceso

Noticia na Tve1 en Galicia: vídeo

Os centros de ensino do barrio de “A Ponte”  rexeitan a violencia de xénero en Ourense.

  O número de mulleres asesinadas por violencia de xénero en España ascende no que vai de ano a 38 e a 1.168 dende 2003, mentras que o número de menores asasinados e asasinadas ascende a 2 en 2022 e a 48 dende 2013.

 20 de novembro de 2022.- Os centros de ensino do barrio da Ponte manifestan a súa postura contraria á violencia machista e vicaria. 

 O vindeiro 25N, ás 11:00 horas, os IES 12 de Outubro e Blanco Amor en coordinación co CEIP de Prácticas da E.U. Formación do Profesorado E.X.B, sitos na cidade de Ourense, van celebrar un acto público no que pretenden rexeitar calquera forma de violencia machista e a violencia vicaria, aquela que tamén afecta aos menores na familia.

 Este acto consistirá na formación dunha gran cadea humana que rodee os nosos centros educativos como repulsa aos feminicidios producidos ata o momento na nosa sociedade e que represente a unión dos nosos nenos e nenas así como profesorado ante semellante barbarie. Posteriormente levaranse a cabo diversas representacións como a lectura dun manifesto contra a violencia ou representación teatral, entre outras.

 Esta actividade, nomeada como “Pontes de Igualdade”, enmárcase dentro do Plan de Igualdade que se leva a cabo no eido educativo e que constitúe un dos nosos piares e valores que nos representan como Comunidade Educativa. Trata de constituirmos unha ponte de coordinación intercentros que loite na eliminación de calquera conduta violenta contra a muller. 

 A idea parte da estreita coordinación entre o Equipo de Igualdade do IES 12 de Outubro, composto por 12 docentes de diversas especialidades e coordinados por Lourdes Rodríguez Solar e Xosé Manoel Fírvida Plaza e as coordinadoras do CEIP de Prácticas e IES Blanco Amor, Beatriz Martínez Buíde (mestra de Audición e Linguaxe) e Concepción Álvarez Torres (Vicedirectora e profesora de inglés), respectivamente.