8M 2026
Celebramos o 8 de marzo na Praza Maior en comunión co Otero Pedrayo, o Couto e a Laboral. Un día para lembrar que cada xornada conta na loita pola igualdade. Non só o 8 de marzo: tamén o 9, o 10 e todos os demais. A igualdade constrúese con pasos constantes, coa forza de quen non cala e coa memoria de quen abriu vieiros antes ca nós.
Hoxe lembramos que a revolución tamén se fai dende o optimismo, como di Ses:
“Non hai revolución sen alegría.”
Que esa alegría combativa nos acompañe sempre. Que cada día sexa un acto de resistencia, de sororidade e de futuro.
Galería de fotos enlace





