A voltas con ósos e músculos

Proxecto trimestral en anatomía aplicada: “ A VOLTAS COS ÓSOS E MÚSCULOS”

Neste 2º trimestre quixemos dárlle a importancia que se merece ao sistema músculo-esquelético. Pensa que todas as veces que corres polos andares porque chegas tarde a clase, marcas a favor do teu equipo durante un partido, ou xogas ao billar cas amigas e amigos, estás a empregar os ósos, os músculos e as articulacións. Sen estas partes tan importantes do teu corpo, terías graves dificultades: non poderías sentarte, poñerte de pé, camiñar, nin facer ningunha das actividades que realizas a diario.

Así que ocorréusenos facer un traxe a tamaño humano no que debuxamos, pintamos e puxemos nome aos nosos ósos e músculos.

 

Galería de imaxes