ABAU 2022
Excelentes resultados nas probas ABAU do noso alumnado
O 100% superou a proba.
A nota media que obtiveron, foi a 4º mellor de tódolos centros de Galicia (a 3ª mellor se temos en conta centros que presentaron mais de 30 alumnos).
7 alumnos/alumnas (Roi, Lara, Paula, Andrea, Uxía, Eva e David) obtiveron máis dun 9 na parte xeral das probas ABAU.
O 50% do alumnado (16 de 32) obtivo máis dun 8 na parte xeral.
Ademais, Roi Sarmiento Martínez obtivo a mellor nota da provincia de Ourense na cualificación de acceso a Universidade (13.77 sobre 14). 13 alumnos/as teñen máis de 10 neste total.
ENTREVISTA A ROI SARMIENTO, EVA GUNTIÑAS E ANDREA DEL CAMPO
Como foi a experiencia das probas ABAU?
Eva: foi moi interesante.
Andrea: moi nerviosa ao principio, despois con máis normalidade. Os exames parecéronme fáciles.
Roi: o lugar de realización das probas e o ambiente era relaxado, calmado. Daba moita tranquilidade, iso axudaba moito.
A: os vixilantes eran amables e axudaban con calquer cuestión.
E: si, aportan tranquilidade.
Que exames vos pareceron máis fáciles e cales os máis difíciles?
E: máis fácil, historia de España e matemáticas. O máis difícil, inglés.
A: si, concordo.
R: o de historia resultoume o máis fácil. Saíu unha composición que levabamos estudada.
E: coido que o resultado é debido a que ibamos moi ben preparadas.
Que estudos tedes previsto realizar?
E: publicidade e relacións públicas ou o dobre grao de periodismo e comunicación audiovisual.
A: o dobre grao de ADE máis dereito.
R: aínda teño dúbidas. De momento estou relaxándome. Estou mirando intelixencia artificial ou o dobre grao de matemáticas máis informática.
Que destacarías desta experiencia?
A: ibamos superben preparadas, tivemos uns profes moi bos. Cando estabamos na biblioteca estudando, coincidíamos con estudantes doutros institutos e nós estabamos máis tranquilos, con máis seguridade ca eles.
E: Fixemos moitos exames de modelos das probas ABAU durante o curso o que nos deu confianza e fomos moi ben preparadas.
R: Coincido coas compañeiras. Tivemos uns profes moi bos. Estamos moi contentos co instituto.
Onde vos vedes traballando no futuro?
R: non o teño claro, algo relacionado cos meus estudos, non sei…
E: nalgún medio de comunicación, se cadra na televisión.
A: nunha empresa privada nun posto onde poida desenvolver o estudado, ou ao mellor preparo unhas oposicións para fiscal, ou avogada.