Taller de teatro: Amelia Guede
TALLER DE TEATRO "REPENSANDO AS AULAS" con AMELIA GUEDE:
Estes obradoiros nacen para dar resposta aos novos retos que nos deixa a pandemia nos centros educativos. A individualidade, a apatía e a falla de contacto físico na sociedade condiciona tamén o clima dos grupos.
É urxente crear aulas comunicativas e empáticas, un lugar seguro para que o alumnado se sinta cómodo a hora de recoñecer e comunicar as suas emocións.
A través de varias dinámicas veremos cómo podemos identificar e expresar os nosos sentimentos e qué ferramentas podemos usar para xestionalos. Tamén teremos espacio para a imaxinación, o traballo en equipo e a improvisación.
Cualquera disciplina artística é importante no aula e na vida, os beneficios que proporcionan son infinitos, en neste caso, o teatro potencia o respecto, a escoita, a oportunidade de contemplar unha mesma situación desde puntos de vista distintos e a capacidade de poñerse no lugar de outras personaxes.
O obxectivo deste taller é mellorar a convivencia dos grupos á hora de compartir, relacionarse e porse na pel dos demáis.
Prensa: Proxecto premiado Acceso
Entrevista en LaRegión Acceso
Galería de fotos: Acceso




