ANATOMIA APLICADA

ANATOMÍA APLICADA

Traballando en anatomía aplicada os factores do movemento (DRUMFIT)

O movemento forma parte das persoas e representa unha condición fundamental non só para o desenvolvemento físico, senón tamén para o desenvolvemento intelectual e socio afectivo. En calquera forma de presentación: tarefa motora, xogo, deporte, danza ou calquera outra forma do mesmo, constitúe un medio para a educación. Na clase práctica de drumfit traballamos os tres factores do movemento: coordinación, equilibrio e ritmo.

    Ver vídeo

 
Traballando en anatomía a consciencia corporal (IOGA)

Moverse con consciencia significa non forzar o movemento, buscar calidade e non cantidade. É buscar o movemento natural que procede do interior e que está impreso na nosa fisioloxía.

Precisamos percibir o corpo en movemento, sentir as súas partes, como se relacionan e aprender a diferenciar as accións saudables das que non o son. A través dunha clase práctica de ioga estivemos a traballar a consciencia corporal.