ARQUIVO PROVINCIAL

2023
Hoxe (3 de marzo de 2023) visitamos as instalacións do Arquivo Provincial co alumnado de 2° da Eso. Traballamos nun obradoiro de escritura medieval no que a partir de motivos heráldicos rapaces e rapazas xogaron coa súa creatividade.
 
 
 
2022
Remodelado hai un ano o arquivo histórico provincial de Ourense é hoxe un dos máis modernos de España. Creado en 1943 , ocupa hoxe  un edificio que foi convento franciscano no s.XIV e cuartel de infantería dende 1835 a 1980. 
Un espazo cargado de memoria, ainda por inagurar, acolleu ó alumnado de I de Bacharelato nunha visita inesquecible.