Proxecto de formación "Atención á diversidade"

No IES 12 de Outubro apostamos sempre pola formación continua do profesorado.

A docente  María Jesús Méndez Álvarez e o Departamento de Vicedirección organizaron para o profesorado de Secundaria e de Ciclos un grupo de traballo de “Atención á diversidade”.

“Cada ser humano é único e a diversidade é unha cualidade que posúen todos os nosos alumnos como tal, un aspecto clave que hai que ter presente no proceso de ensinanza-aprendizaxe”

Este grupo de traballo tivo  como principal obxectivo brindar ao profesorado ferramentas necesarias para posibilitar aprendizaxes de calidade para todos os estudantes do IES 12 de Outubro.

O profesorado asistiu a varias sesións levadas a cabo por prestixiosas pedagogas e psicólogas como Eva María Muñóz Pablos  e Sonia onde se abordaron temas como “Aprendizaxe e emoción”, “Neuroeducación”, “Intelixencia emocional”, “Escola Inclusiva” e “Deseño Universal de Aprendizaxe”

A guinda final do curso foi levada a cabo polo prestixioso  educador e pedagogo Juan Vaello, autor do libro “Enseñar a los que no quieren ”