AULAS LIMPAS

O 17 de xaneiro comeza o concurso Aulas Limpas.

 O obxectivo desta actividade é que cada grupo de ESO e Bacharelato se responsabilice de ter a súa aula limpa e ordenada e, se é o caso de que nese mes haxa algunha celebración, que elabore unha decoración axeitada. 

Valorarase que o chan, as mesas e as cadeiras estean limpas; que os caixóns, os estantes e o taboleiro estean ordenados; que as mochilas non estean tiradas polo chan, que se apaguen as luces, os ordenadores e os proxectores na última hora de clase e que a decoración destaque pola súa orixinalidade e sentido da estética, se hai algunha conmemoración ou festividade. 

 Cada mes haberá premio para os membros do grupo que teña a aula mellor coidada e a final de curso recibirá o galardón á Aula Magnífica a clase que máis se esforzara de xaneiro a xuño.

 Se queres informarte do que cómpre facer, consulta a rúbrica no documento adxunto e comeza a coidar a túa aula! Documento