Hospital Capilar

A pasada semana tivemos o privilexio de recibir a Oscar Mendoza Sanmartín @oscarmendoza_sanmartin , CEO de Hospital Capilar @hospitalcapilar 

O alumnado dos ciclos de Imaxe Persoal puido coñecer de primeira man os tratamentos capilares máis innovadores, descubrir como funcionan os implantes capilares e entender os avances que están transformando o sector.

Ademais, Óscar compartiu consellos valiosísimos sobre emprendemento e crecemento profesional, motivando ao noso alumnado a apostar polo seu talento e abrir camiño no mundo laboral. 

Unha experiencia inspiradora que deixou marca. Moitas grazas por achegar coñecemento, paixón e visión de futuro!