Chaveiros Día da Ciencia en Galego
Hoxe, para conmemorar o Día da Ciencia en Galego, dende a biblioteca e en colaboración co Departamento de Bioloxía, fixemos entrega duns chaveiros moi especiais a todo o alumnado.
A imaxe está baseada nunha obra de Hilma af Klint. Nada en Estocolmo en 1862 é unha das primeiras artistas abstractas, xogou coa xeometría, a simetría, e a cor dun xeito descoñecido ata o momento.
A súa figura, como a de outras artistas, comeza a reivindicarse nos últimos tempos facendo xustiza a un silencio incomprensible por parte de centros de ensino, museos e administración.
Unha película de 2022, rodada por Lasse Hallström, percorre agora a súa biografía: Hilma







