Club de lectura con Marta San Miguel

Club de lectura con Marta San Miguel e o seu libro "Antes del Salto"

Iniciamos un curso máis o Club de Lectura de profes nais e pais o pasado xoves. O que aconteceu é dificil de explicar. Dificil porque a poesía non ten explicación, sucede, nada máis. Antes del Salto e Marta San Miguel crearon un vínculo que lembraremos sempre. Saudade polo perdido, un sorriso por lembralo, tedes que ler este libro.

Unha muller múdase a Lisboa coa súa familia, e no voo que os leva á cidade onde van vivir un ano, dáse conta de que esqueceu unha foto: a do cabalo que montaba cando era nena. O que en principio parece un descoido intranscendente, provoca nela a inquietude de que en realidade se deixou algo máis. Nunha cidade que tenta recoñecerse a si mesma entre turistas e andamios, cun portátil ao que lle falta unha tecla e unha mesa de Ikea, a protagonista recupera os recordos que esa fotografía lle espertou. En que nos convertemos cando esquecemos o que fomos, o que nos enchía, o que proxectabamos ser? Antes do salto é a historia dunha reconstrución: a dunha identidade diluída polo tempo e a rutina. Unha emotiva narración que explora o que deixamos atrás e reivindica a memoria como o único espazo onde aínda existimos realmente.

No seguinte vídeo as impresións de Marta San Miguel despois dun Club inesquecible. Vídeo