COCIÑANDO O CORPO HUMANO (3º ESO)

PROXECTO TRIMESTRAL PARA 3º ESO

   No 2º trimestre o alumnado de 3º ESO A e B empregando feltro e outros materiais elaborou os distintos aparellos e sistemas do corpo humano e tamén unha pirámide de alimentos. Para conseguir un efecto en 3D, coseron unha por unha as distintas pezas e logo enchéronas de algodón.

   Aprenderon a coser, demostrando así que este verbo non vai ligado a condición de xénero algunha. Finalmente uníronse no mandil para conseguir o efecto final de “cociñando o corpo humano”. Ademais, decoraron tamén un gorro de cociña con algún motivo relacionado co aparello ou sistema construído.

                       O resultado final pódese ver no seguinte enlace as fotos.