Concerto en Santiago 26

O pasado venres (6/3/2026) estivemos con 2° ESO en Santiago  A saída, organizada polo Departamento de Música, levounos a escoitar “A Banda no Rock” da man da Banda Municipal de Música De Santiago e dos actores Cristina Collazo e Josito Porto. Alí poidemos coñecer o Auditorio de Galicia! Despois, aproveitamos a mañá para percorrer a zona histórica da cidade. Unha mañá chea de música, arte e cultura!