CONCURSO DE JÓVENES INSTALADORES

XVIII CONCURSO DE JÓVENES INSTALADORES (novembro 2025)

O alumno Hugo Soto do 2º curso do CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados esta a participar do 18 ao 20 de novembro no XVIII Campeonato de Jóvenes Instaladores 2025  de FENIE que se celebra no IFEMA de  Madrid ,dentro da maior feira do sector MATELEC e representando ao IES 12 de Outubro e á Instalectro (Asociación provincial de Instaladores Eléctricos de Ourense). Esta titorizado pola profesora Dna. Susana Cadórniga

Logo dunha intensa preparación durante os últimos meses chegou o momento de competir e de por en práctica todo o aprendido. Desexámoslle que teñan sorte e se divirtan competindo xunto co resto de representantes de centros de Galicia.

Independentemente do resultado acadado, o centro está igualmente orgulloso da súa participación, do esforzo realizado na preparación e de que leven o nome  deste centro na competición. Sorte e parabens a ambos!!

 

 

XVI CONCURSO DE JÓVENES INSTALADORES (FASE NACIONAL)

O Alumno Gonzalo Martínez Álvarez de 2º curso do CS de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados participou en Madrid no XVI CONCURSO DE JÓVENES INSTALADORES organizado por FENIE (Federación Nacional de Empresarios de Instalaciones de España) GAÑANDO O PREMIO Á " MELLOR EXECUCIÓN"
Tivo lugar entre os días 15 e 18 de Novembro dentro de MATELEC, qué é o Salón Internacional de Soluciones para la Industria Eléctrica y Electrónica, evento de maior importancia en España dentro do sector, e que se celebrou no recinto de IFEMA en Madrid.

Noticia en La región: ver

Estivo titorizado pola profesora Teté Alonso Teijeiro . Despois dunhas esixentes probas e competindo con outros 38 representantes de distintas provincias,  obtivo o recoñecemento en forma de premio e de admiración do resto de concursantes e público pola súa execución das instalacións propostas pola organización.

É un orgullo para o centro ter tido  un representante  ourensano en dito campeonato e que o nome do IES 12 de Outubro e da provincia de Ourense soara con forza en Madrid.

Parabens  a ambos!!!! e animamos ao resto de alumnado das distintas familias profesionais do IES a participar non vindeiros campeonatos  de Galicia Skills.