Curso Seguridade en altura

 "Formación en traballos en altura: Seguridade en escaleiras manuais". 

Os alumnos de varios grupos de Electricidade e electrónica acuden a unha xornada formativa de 6 horas a Prevenking para participar neste obradoiro teórico práctico. Foi organizado polo departamento de FOL e o ISSGA coa finalidade de dar resposta a unha demanda de formación do sector eléctrico.
Tratarase de grupos reducidos para que poidan facer todas as prácticas posibles. Por este motivo foi preciso facer tres quendas de asistencia:
- 4 de novembro: 2º ciclo superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados
- 5 de novembro: 1º ciclo superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados.
- 19 de novembro: 2º ciclo medio de Instalacións eléctricas e automáticas.

Información do curso

Galería de fotos