DIGITAL WEEK

O IES 12 de Outubro foi seleccionado para paraticipar na DigitalWeek, na quenda do 13 ao 19 de Novembro, que se celebrará no Complexo Xuvenil As Mariñas, Bergondo (A Coruña).

Durante unha semana 25 alumnas/os de 2º ESO estarán en réxime de internado totalmente subvencionado pola Consellería de  Cultura, Educación, FP e Universidades onde se estimulará a práctica do idioma e a sua utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa co obxectivo da mellora da competencia en lingua inglesa a través de actividades dixitais, así como actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

O alumnado participante será seleccionado entre aqueles interesados atendendo a criterios académicos e de igualdade de xénero.

Instruccións para as familias: documento

Podedes ver os datos de data e horario de entrada e saída do alumnado nesta actividade no seguinte documento