Falando de Ciencia
O pasado venres 10 de abril (2026) contamos con dúas charlas moi especiais organizadas polo departamento de Física e Química!
Para 1º BAC A, contamos con Ignacio Pérez Juste (UVIGO), que nos descubríu como a química está detrás do cinema: desde a néboa de Casablanca ata as escenas de acción de Die Hard, pasando polo xabón de Fight Club, as teas de Spider-Man ou as historias de Breaking Bad.
Para 4º ESO A, tivemos a Roberto J. Brea (UDC), quen nos falou de como a natureza inspira a creación de máquinas moleculares capaces de moverse, transportar biomoléculas e almacenar enerxía.
Dúas experiencias únicas que achegan a ciencia á vida real!






