Famalicao

FAMALICAO (31 de marzo-2 de abril)
Devolvemos visita ó centro Camilo Castelo Branco de Famalicāo, e a súa biblioteca , nun intercambio no que participou alumnado de portugués de 3° da ESO e I de Bacharelato. Coñecemos a cidade e a casa do propio Camilo Castelo Branco.
O agradecemento polo noso recibimento é infinito. O agarimo, irmandade, amizade de Augusta, Fátima e Marcelino fican con nós para sempre.
Obrigado de coraçao. Galería de fotos
 
 
OURENSE- IES 12 de Outubro
O pasado venres (21 de marzo) recibimos na biblioteca a unha delegación da Asociación de Escolas Camilo Castelo Branco de Famalicāo. O encontro entre os departamentos de Castelán (Famalicāo) e Portugués (do noso centro) foi todo un éxito confirmando que compartimos algo máis que unha fronteira xeográfica, é unha fronteira emocional que une persoas de modo indisolúbel.
 
 
 
   
   
   
   

A relación entre o centro educativo Camilo Castelo Branco de Famalicão en Portugal e o IES 12 de Outubro de Ourense forxouse a través dun vínculo especial que transcende fronteiras, unindo as nosas comunidades mediante a cultura e o coñecemento. A biblioteca de ambos os centros é un dos nexos fundamentais nesta colaboración, servindo como unha ponte de intercambio cultural e educativo.

A nosa irmandade cultural maniféstase en diversas actividades conxuntas, como o intercambio presencial no mes de marzo e diferentes proxectos de comunicación oral e escrita, lecturas compartidas e eventos literarios que celebran a riqueza das nosas linguas e tradicións. Este intercambio non só enriquece os nosos estudantes, senón que tamén fortalece os lazos de amizade e cooperación entre Galiza e Portugal e a nosa lingua común.

A través da biblioteca, creamos un espazo para promovermos valores de respecto, diversidade e colaboración. Esta alianza non só beneficia os nosos estudantes, senón que tamén fomenta un sentido de comunidade e pertenza que perdurará no tempo. A continuación a ligazón á páxina da biblioteca da agrupación de escolas Castelo Branco en que o 12 loce con orgullo. Enlace

Vídeo do Agrupamento de escolas Camilo Castelo Branco de Famalicão "As bibliotecas" Enlace ao vídeo