FESTIVAL DE NADAL

Vídeo promoción do festival

Este ano non se poderá realizar o festival de nadal como se facía anos atrás. Pero non queremos despedir este ano, tan atípico e non moi alegre, sen facer algo o último día de clase antes de coller as vacacións de Nadal, así que  pedimos a colaboración tanto de profesorado como de alumnado para o que se nos ocorreu.


A nosa idea é que tanto alumnado como profesorado participe nun programa de nadal que se gravará antes do día 22, día da súa emisión. Sería un programa de variedades tal e como se emiten os da tele pero de modo moito mais caseiro, claramente.
O alumnado (e profesorado) pode gravar bailes (playbacks, tiktoks..), actuación de maxia ou outras habilidades, actuacións musicais...
O que os rapaces aporten pode vir gravado por eles, cousa que nos simplificaría moito o traballo, e en caso de non ter maneira de facelo, consultarían con vicedirección para xestionar a data e hora para poder facer tal gravación.


A data límite de recepción das actuacións será o venres 18 de decembro para que poidamos montar con tempo o programa.