Exposición: Galiza un pobo, unha selección

Exposición: GALIZA UN POBO, UNHA SELECCIÓN.

Dende o 9/02/22 ata o 23/02/22 terá lugar no ximnasio do I.E.S. 12 de outubro unha exposición conformada por 20 paneis que teñen como obxectivo transmitir, do modo máis ordenado e completo posíbel, a mensaxe a prol das seleccións nacionais galegas e da necesidade de que o pobo galego teña representación de seu realizando unha poliédrica panorámica polo pasado, o presente o futuro do deporte no país.

PANEIS:

  1. Manifesto
  2. A loita a prol das seleccións galegas: o dereito a competir oficialmente.
  3. Logros contra a invisibilización.
  4. 100 anos da selección galega de fútbol
  5. Selección galega feminina de fútbol
  6. Fútbol Gaélico
  7. As categorías de base
  8. 101 anos de historia dos xogos olímpicos
  9. Os pioneiros: Moncho Gil, Luís Otero...
  10. Inclusión, igualdade e deportividade.
  11. O Fútbol galego de Irene Basanta a Vero Boquete
  12. As canastras con máis sabor galego
  13. Para calidade na pista de tartán .
  14. Deportes con marca do século XXI
  15. Triatlón : A inesgotábel canteira de talento
  16. Pescando medallas: terra de deportes náuticos
  17. Ciclismo: 135 glorias galegas nas estradas
  18. 18.- O fogar do balón de ouro.
  19. A potencia de Galiza como equipo
  20. A loita dos nosos devanceiros