DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2023

CELEBRANDO O DÍA/MES DA CIENCIA EN GALEGO:

De novo un ano máis, no IES 12 DE OUTUBRO DE OURENSE apostamos pola nosa lingua para ensinar ciencia e reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos do saber científico.
Nun ano no que o lema é: "Saúde para todas e todos" a través de proxectos colaborativos fixemos o seguinte: o alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha reprodución do caótico laboratorio do doutor Alexander Fleming... Tamén traballaron na problemática da crise da auga e do saneamento, non querendo quedar como meras/os espectadoras/es senón investigando e traballando sobre distintas cuestións relacionadas con esta temática como son: a situación a nivel mundial da problemática da auga vendo que países dispoñen de máis auga, cales consomen máis, cales reciclan máis; reciclado de augas negras como en Singapur ou como eliminar os contaminantes das augas residuais empregando novas tecnoloxías, a desalinización, o problema dos vertidos á auga das centrais nucleares e tamén si podemos aprender da propia natureza para minimizar o consumo de auga, como fan animais e plantas para aproveitar ao máximo este líquido vital. Construíron un panel informativo na entrada do instituto, cunha rayuela e un stop paras dicirlle ao resto do insti: párate, observa, reflexiona sobre si ti queres ser o cambio que queres ver no mundo.
 
O alumnado de 4º ESO PDC preparou o seu particular homenaxe a figura do doutor Domingo García-Sabell, "rodando" unha película sobre a súa vida, invitando con entradas a todas e todos os que quixeran coñecer algo máis deste persoeiro galego. Non falta de nada: palomitas, gafas en 3D, cámara, etc... Ata fixeron un photocall para que o resto de compañeiras/os se fixesen unha foto para conmemorar o día.
E como no noso centro levamos xa varios anos implementando o Plan de Igualdade... o alumnado de Proxecto Compentencial de 4º ESO cuestionou si en toda esta historia non había papeis femininos... así que investigou e puxo sobre a mesa a todas esas microbiológas que estiveron tantos anos silenciadas dende Mary Hunt quen descubríui unha cepa de Penicillium capaz de producir moita máis cantidade de penicilina que a que descubrira Fleming ata a actualidade na que por fin se comeza a recoñecer o seu traballo. A modo de "pinacoteca" fixeron unha exposición con estas científicas.
E por último, o Centro aposta por presentar un proxecto para E-twnning: o alumando de 3º ESO coa súa profe Aldara están a medir 4 constantes vitais a todo o Centro: pulso, tensión arterial, frecuencia respiratoria e temperatura. Logo aplicaranlle o correspondente tratamento estatístico.
E coma sempre para conmemorar o Día entregamos un agasallo a cada alumna e alumno: unha chapa deseñada polo profesor de historia e responsable da biblioteca Carlos Pérez Seara, A chapa ven a representar a loita a "morta" entre bacterias e antibióticos producidos polos fungos, celebrando tamén a importancia da lectura.
O noso traballo aparece tamén na páxina oficial do Día da Ciencia en Galego: https://www.cienciaengalego.org/node/519 (para velo é preciso abrir con firefox) e en día da ciencia en galego en facebook.